A quén esperamos ver por aquí?
Pois temos invitados a eito. Preséntovos a algún:
Esta rapaciña chámase Marjane Satrapi. É a simpática protagonista e mais a autora dunha das bandas deseñadas mais lidas e premiadas do momento, Persépolis, onde fai un relato da súa infancia en Irán, durante o opresivo réxime fundamentalista que a obligaría a marchar do seu país. Historia profundamente conmovedora (pero non chorona, eh?) que está narrada dun xeito extremadamente personal: Os debuxos non destacan pola súa calidade formal (a autora confesou ser incluso "mala debuxante", aínda que xa lle gustaría a moitos e moitas...) pero teñen a cualidade de adaptarse de xeito irremplazable á historia.


Ah, que estos non son os que esperabades? Pois ide decindo quen é o personaxe que queredes atopar polo noso club. Agora mismo hai tempo para atender peticións.....