jueves, 29 de marzo de 2012

OUTRO PREMIO PARA CRISTIAN FOJÓN

O IES Perdouro de Burela, nos "Encontros de Banda Deseñada na Mariña" que organiza dende fai catro anos, ven de conceder de novo un primeiro premio a Cristian, desta vez na categoría de 14 a 18 anos. Eu creo que non era para menos dada a calidade do traballo presentado: Unha poética recreacción da mais coñecida canción de Bob Dylan no seu tan recoñecible estilo. Esperamos podelo compartir pronto nesta páxina. Felicitacións, Cristian.
E parabéns tamén aos organizadores do evento en Burela, que tamén coordinan un activo e concurrido club de comic na biblioteca do IES e que poden presumir xa dunha espléndida comiteca. Alí estiven acompañando a Cristian na recollida de premios, onde coñecimos a Brais Rodríguez, un interesante debuxante que fixo un percorrido polo seu propio itinerario artístico e ao que me comprometían a invitar a compartir con nós a súa experiencia.