miércoles, 27 de octubre de 2010

O CLUB ESTÁ EN MARCHA

Xa foi a primeira xuntanza do club, desta volta na biblioteca pública. Cada quén fixo a súa escolla entre a abrumadora cantidade de títulos que aí teñen e penso que quedou ben claro: Entre os usuarios deste club o manga gaña por maioría (seguido por Mortadelo, o único competidor). Vaale! Pois aquí tedes o gran reto: Convencerme de que lea do revés. Qué queredes? Son non-crente. Non- iniciada. E ademais estou chea de prexuízos, teño que admitilo: non é que pense que o manga é de frikis ou de "mangantes". Se fose tan ignorante non tería organizado un club de comic. Pero teño os meus recelos: me lembra demasiado ao animes xaponeses que daban na tele cando era nena (Mazinguer Z, Candy-Candy e incluso o mais recente Pokemon...qué ñoñeces!). Decídeme que o manga non é soamente eso. Veña! Ilustrádeme! Seducídeme! Quen sabe se non conseguiredes que me convirta ao manga como estes Simpson da imaxe
Patricia

1 comentario: