martes, 4 de enero de 2011

PRESENTACIÓN EN ORTIGUEIRA DE “O FILLO DA FURIA”

O pasado dia 21 os membros do club asistimos na Biblioteca Municipal ao acto de presentación desta banda deseñada creada por Manuel López Poy (guionista) e Miguel Fernández (debuxante). Os autores, que estaban acompañados polo director da editorial Demo e tamén debuxante Manuel Craneo, contáronnos como foi o proceso de creación desta obra e o interés que neles espertara a figura do seu protagonista Mamed Casanova e a mitoloxía creada entorno a el. Puidemos así saber como se converten feitos históricos en novela, como se elixen os episodios mais relevantes dun longo relato para limitalo a un numero de paxinas e de viñetas, de qué xeito se crea (ou recrea, ou ámbalas duas cousas) un personaxe, como se lle dota dunha determinada apriencia física, como se ilustra unha unha época pasada e como se lle da vida a todo iso. Aprendimos moitísimo, sen dúbida e renovamos o interese por esta historia ilustrada que aconteceu nesta mesma terra terra fai moitos anos, pero non tantos que non quede na memoria da xente e que non podamos recoñecer lugares de Ortigueira ou As Grañas recreados de xeito non sei si estrictamente histórico pero certamente suxestivo, e ao tempo, enteiramente familiares.

Grazas aos autores por ilustrarmos tan ben e pola fermosa dedicatoria que nos fixeron no noso ejemplar da novela gráfica (tamén a Manuel Craneo, que fixo o propio coa súa, "Os lobos de Moeche") e grazas ás compañeiras da Biblioteca Municipal de Ortigueira que nos invitaron a este acto.








Patricia

No hay comentarios:

Publicar un comentario