Ademais dos novos membros que ten o club este ano (XA SOMOS VINTE!) Vos poño ao tanto das principais novidades.
En primeiro lugar temos que reseñar sen falta o blogue que estrenou este ano o noso benquerido Cristian Fojón no que ademais de ter editada a sua obra gráfica comparte debuxos, interesantes reseñas de outros autores o moitas outras cousas. Non esquezades visitalo. É un pracer (http://alecrinsetintachina.blogspot.com)A continuación fago unha listaxe das novas adquisicións de libros para este ano. Ide elexindo:
- Este ano temos, a petición dos usuarios, unha escolma de comic americano de superherois. Eso si. A debuxante é Emma Rios, viguesa de nacemento (Spiderman, Extraño e Divas)
- Tamén, a petición dos lectores adquirimos para o clube obra de David Rubín ("La tetería del oso malayo", "El circo del desaliento","El heroe",El monte de las ánimas" y "Romeo y Julieta")
- Seguimos engrosando a nosa colección de manga con novos números de Hellsing
- Completamos a colección de Aya de Yopougon. Un dos éxitos da pasada temporada.
- Tamén seguimos fieis a La Mazmorra cos tres números de Crepúsculo.
- E, por último, de Silvain Savoia e Marzena Sowa temos "Marzi". la Polonia comunista vista por unha nena.
Patricia