jueves, 15 de diciembre de 2011

NOVIDADES NO CLUB

Moi boas, clubeiros
Ademais dos novos membros que ten o  club este ano (XA SOMOS VINTE!) Vos poño ao tanto das principais novidades.
En primeiro lugar temos que reseñar sen falta o blogue que estrenou este ano o noso benquerido Cristian Fojón no que ademais de ter editada a sua obra gráfica comparte debuxos, interesantes reseñas de outros autores o moitas outras cousas. Non esquezades visitalo. É un pracer (http://alecrinsetintachina.blogspot.com)
A continuación fago unha listaxe das novas adquisicións de libros para este ano. Ide elexindo:
  • Este ano temos, a petición dos usuarios, unha escolma de comic americano de superherois. Eso si. A debuxante é Emma Rios, viguesa de nacemento (Spiderman, Extraño e Divas)
  • Tamén, a petición dos lectores adquirimos para o clube obra de David Rubín ("La tetería del oso malayo", "El circo del desaliento","El heroe",El monte de las ánimas" y "Romeo y Julieta")
  • Seguimos engrosando a nosa colección de manga con novos números de Hellsing
  • Completamos a colección de Aya de Yopougon. Un dos éxitos da pasada temporada.
  • Tamén seguimos fieis a La Mazmorra cos tres números de Crepúsculo.
  • E, por último, de Silvain Savoia e Marzena Sowa temos "Marzi". la Polonia comunista vista por unha nena.
Qué vos parece? Estou desexando ver os vosos comentarios
Patricia

1 comentario:

  1. Moitas grazas por facerme publicidade Patricia , a ver se me podo pasar polo club un día de estes para ver todos eses novos libros

    ResponderEliminar