viernes, 12 de noviembre de 2010

MAIS ARQUEOCÓMIC


Seguindo o exemplo de Ramiro vou a desempolvar un dos meus clásicos favoritos: Rip Kirby de Alex Raymond. Eu o lía na adolescencia pero (crédeme) as súas historietas teñen moitos mais anos ca min. E aínda me parece que os seus debuxos son alucinantemente perfectos. E que veña calquera mangaka a desdecirme. É unha banda deseñada de xénero "negro", cun detective tan perspicaz como Sherlock Holmes e tan audaz como calquera personaxe de Bogart. E por suposto, irresistible: Non hai personaxe fiminina boa ou perversa que non se namore del. Pero él é inexplicable e inquebrantablemente fiel á sosa e loira pin up da súa moza, a inepta e tan empalagosa como o seu nome, Honey. Pola contra permanece imperturbable ante á moito mais seductora e fatal Pagan Lee, mala malísima e por suposto morena morenísima que por él abandonaría o seu camiño de crime e perdición. Ademais hai un maiordomo británico, típico personaxe secundario e tópico personaxe británico que coa súa tópica flema aporta a nota de comedia ás historas. Si. A pesar dos tópicos, un gran comic.

Patricia 


1 comentario:

  1. ¡Vaia!, escoitara falar de Rip Kirby e penso que algunha vez tíveno diante dos ollos, pero non recordo lelo. Moi interesante ese triángulo amoroso e a actitude de Rip. Quizá sexa unha forma de manter en tensión a narración. Ademáis é propio da literatura afirmar negando, así que ben pode ser unha broma do autor para suliñar a diferencia entre os dous caracteres.

    ResponderEliminar