jueves, 15 de diciembre de 2011

NOVIDADES NO CLUB

Moi boas, clubeiros
Ademais dos novos membros que ten o  club este ano (XA SOMOS VINTE!) Vos poño ao tanto das principais novidades.
En primeiro lugar temos que reseñar sen falta o blogue que estrenou este ano o noso benquerido Cristian Fojón no que ademais de ter editada a sua obra gráfica comparte debuxos, interesantes reseñas de outros autores o moitas outras cousas. Non esquezades visitalo. É un pracer (http://alecrinsetintachina.blogspot.com)
A continuación fago unha listaxe das novas adquisicións de libros para este ano. Ide elexindo:
  • Este ano temos, a petición dos usuarios, unha escolma de comic americano de superherois. Eso si. A debuxante é Emma Rios, viguesa de nacemento (Spiderman, Extraño e Divas)
  • Tamén, a petición dos lectores adquirimos para o clube obra de David Rubín ("La tetería del oso malayo", "El circo del desaliento","El heroe",El monte de las ánimas" y "Romeo y Julieta")
  • Seguimos engrosando a nosa colección de manga con novos números de Hellsing
  • Completamos a colección de Aya de Yopougon. Un dos éxitos da pasada temporada.
  • Tamén seguimos fieis a La Mazmorra cos tres números de Crepúsculo.
  • E, por último, de Silvain Savoia e Marzena Sowa temos "Marzi". la Polonia comunista vista por unha nena.
Qué vos parece? Estou desexando ver os vosos comentarios
Patricia

jueves, 5 de mayo de 2011

CONSTRUCIÓN EN REGO TORTO



Este foi a primeira obra creada por Cristian Caruncho con Salustio de protagonista. Ten como fondo o tema de candente actualidade da especulación urbanística e e a presión que supón sobre o espazo rural. Nesta historia Antonio Villamartin, un empresario da construcción sen escrúpulos tenta presionar a Salustio para que abandone a súa terra na que quere realizar unha macrourbanización. Non conta, claro, cos recursos do noso protagonista para evitar a desfeita. Un luxo de comic. Para gourmets.

Descargar CONSTRUCCIÓN EN REGO TORTO
 .

martes, 3 de mayo de 2011

EU SEI DE MANGAS!

Patricia,queres saber de algún comic de manga? Se te interesa eu poidoche dicir cales foron os que eu coñecín, ou polo menos, saber o nome. Algúns que coñezco eu son os de Zathbell!, Inuyasha, ou Onepiece. Polo menos, se de algúnsinteresantes. Xa falaremos.

viernes, 4 de marzo de 2011

ONDE VAN OS SUPERHEROIS?

No club do comic hai de todo tipo: De misterio,de risa, e moitos mas,pero...Onde van os mais famosos? Quen se olvida de superman,spiderman ou batman?A min non é que me interese especialmente,pero non deberíbamos ter a mais maioria de comics posible? E estes donde van?
Victor

martes, 4 de enero de 2011

PRESENTACIÓN EN ORTIGUEIRA DE “O FILLO DA FURIA”

O pasado dia 21 os membros do club asistimos na Biblioteca Municipal ao acto de presentación desta banda deseñada creada por Manuel López Poy (guionista) e Miguel Fernández (debuxante). Os autores, que estaban acompañados polo director da editorial Demo e tamén debuxante Manuel Craneo, contáronnos como foi o proceso de creación desta obra e o interés que neles espertara a figura do seu protagonista Mamed Casanova e a mitoloxía creada entorno a el. Puidemos así saber como se converten feitos históricos en novela, como se elixen os episodios mais relevantes dun longo relato para limitalo a un numero de paxinas e de viñetas, de qué xeito se crea (ou recrea, ou ámbalas duas cousas) un personaxe, como se lle dota dunha determinada apriencia física, como se ilustra unha unha época pasada e como se lle da vida a todo iso. Aprendimos moitísimo, sen dúbida e renovamos o interese por esta historia ilustrada que aconteceu nesta mesma terra terra fai moitos anos, pero non tantos que non quede na memoria da xente e que non podamos recoñecer lugares de Ortigueira ou As Grañas recreados de xeito non sei si estrictamente histórico pero certamente suxestivo, e ao tempo, enteiramente familiares.

Grazas aos autores por ilustrarmos tan ben e pola fermosa dedicatoria que nos fixeron no noso ejemplar da novela gráfica (tamén a Manuel Craneo, que fixo o propio coa súa, "Os lobos de Moeche") e grazas ás compañeiras da Biblioteca Municipal de Ortigueira que nos invitaron a este acto.








Patricia